Hoxe sábado as 20:00 h na praza da Veracruz presentación da novela Albania de Raquel Piñeiro e actuación do grupo Guezos e Isidro Vidal

Hoxe sábado as 20:00 h na praza da Veracruz presentación da novela Albania de Raquel Piñeiro, Actuará a banda ourensá Guezos e o gaiteiro carballiñes Isidro Vidal.

sábado 17 de xullo as 20 horas, na Praza da Veracruz do Carballiño. terá lugar o evento “Feeling Albania”; un espectáculo onde a música e as verbas galegas serán as grandes protagonistas dunha xornada cultural .

AVANTAR ACTIVIDADES

A grandes trazos, o evento estará dividido en dous actos: – Os primeiros 50 minutos adícanse en exclusiva á novela. Composicións orixinais dos personaxes da obra “Albania, na encrucillada da Operación Ferreiro” daranse a man con cancións da banda folk-rock Guezos.

Despois, comezará a sinatura de libros ao mesmo tempo que se da inicio a un concerto dos Guezos. Durará ao redor da media hora, en función do animado que estea o público.

Musicalmente, tamén conto coa participación do gaiteiro e compositor carballiñés Isidro Vidal. Toca en primicia unha versión a gaita do “Nocturno número 9 opus 2” de Chopin.

É a primeira vez na historia que se interpreta esta peza, tan relevante na obra, con gaita.