O delegado da Xunta participa na presentación do espectáculo “Ben Vennas Maio”

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na Deputación Provincial de Ourense na presentación do espectáculo musical “Ben Vennas Maio”, un concerto sobre as Cantigas de Afonso X que mestura jazz e música medieval.

Gabriel Alén salientou “a excelente cooperación entre Xunta de Galicia e Deputación de Ourense, que fai posible a celebración deste concerto”, e remarcou a importancia de que pouco a pouco “se vaia recuperando a actividade cultural, mantendo todas as medidas de seguridade e protección ante a pandemia”.

AVANTAR ACTIVIDADES