Dous dos membros do Club Ciclista Carballiño estiveron representando á Selección nos Campeonatos de España en Idade Escolar, que se disputaron en Villa del Prado (Madrid).
Nun percorrido moi técnico e duro, que se viu incrementado polas altísimas temperaturas, ambos asinaron un grandísimo papel.
En Cat. CADETE, Alex García remataba nunha fenomenal 42ª posición. Xa en cat. INFANTIL, Marcos Rguez. Nogueira remataba nunha espectacular 18ª posición entrando en meta como primeiro dos catro representantes da nosa selección.