O Carballiño conta con 100 casos activos, sen incluír os datos do cribado e contando as altas

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 155 contaxiados (+10). O Concello do Carballiño presenta hoxe 100 casos activos, catro casos máis ca onte. Temos que informar de que o número de altas fai que o aumento de casos non sexa tan exponencial, e de que os resultados do cribado de onte non se ven reflexados na súa totalidade no balance de hoxe.

Boborás sobe tres casos ata os 16 contaxios. Beariz sobe un caso ata os 11 positivos. Maside mantén 10 contaxios. O Irixo mantén sete casos activos, Piñor e San Cristovo de Cea teñen catro casos cada un. San Amaro conta con dous casos e Punxín, único concello que estaba libre de covid, ten hoxe un caso.  

AVANTAR ACTIVIDADES