O PSOE de Leiro pide información sobre a limpeza de fosas sépticas

Os socialistas denuncian que levan máis de dous meses solicitando a documentación sobre a limpeza destas fosas Leiro e atópanse  ca resposta do rexedor e que “se comprobou que están en orde”.

Para o Grupo Municipal esta resposta e modus operandi do grupo de goberno deixa en evidencia que o alcalde e o seu equipo “descoñecen” o contido das cláusulas do contrato da auga, así como o estudo técnico que eles mesmos aprobaron a finais de 2014.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dentro de ese contrato e do estudo técnico que regula o servizo municipal de auga faise referencia a que as catorce fosas sépticas que recollen as augas residuais de 223 veciños e veciños téñense que limpar dúas veces ao ano cada unha delas.