
A Xunta de Galicia lanza hoxe unha campaña de sensibilización sobre seguridade viaria para lembrar que “na estrada somos pezas fráxiles”, utilizando figuras con estética de Sargadelos.
Os esforzos permitiron que o número de falecidos en accidentes nos últimos anos pasara de 144 falecidos en 2011 a 90 rexistrados en 2019.
A primeira fase comeza hoxe e durante as próximas tres semanas centrarase nos peóns, lembrándolles a necesidade de levar roupa reflectante, camiñar pola esquerda da estrada, ou para escoller o lugar máis seguro para cruzar.
A campaña retomarase en outubro co foco nos condutores.