EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O fomento da vida sana e o deporte debe ser unha das tarefas máis encomiables e importantes que ten obriga de afrontar calquer administración que pretenda coidar da vida e da saúde dos seus cidadáns.
Promover accións encamiñadas á súa práctica en tódalas franxas de idade e ofrecer cantas máis posibilidades, en tódolos sentidos, mellor.
No Carballiño, a carencia de instalacións é un handicap demasiado complexo de superar.
As instalacións ao aire libre son poucas e mal coidadas. De promesas coma a das pistas de atletismo, nunca máis se soupo.
Con respecto ás actividades en interior, o Pavillón Paco Chao que camiña cara aos 40 anos, é, a todas luces, insuficiente para a demanda e a pesares do parche recurrente das pistas dos institutos, que non contan apenas con infraestrutura, non hai nada máis.
Escoitamos anuncios sobre reformas no pavillón do colexio da Uceira pero semella que tamén caeron no limbo dos anuncios cheos de fanfarria pero sen contido.
Sirva coma proba a cantidade de anos que hai que un deporte de tanta historia e tradición na nosa vila coma o baloncesto, tivo que emigrar a Maside, a onde acoden dúcias de nenos e nenas do Carballiño para poder exercer a súa práctica.
Para calquer adolescente é moito máis doado meterse nun bar ou nunha casa de apostas que practicar según que deportes. E iso é xusto o que hai que evitar.
É polo tanto, unha necesidade imperiosa que o Concello se poña a traballar de xeito urxente na construcción dun segundo pavillón que permita satisfacer a demanda e xerar actividades de ocio alternativas para a xente máis nova.
Visto todo o anteriormente comentado,
SOLICITAMOS
- Que o Concello do Carballiño inicie os trámites necesarios para a construcción dun novo pavillón de deportes.
.