O Carballiño sobe ata os 116 casos activos, 16 contaxios novos nas últimas 24 horas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 177 contaxiados (+22). O Concello do Carballiño presenta hoxe 116 casos activos, 16 casos máis ca onte.

Boborás sobe catro casos ata os 20 contaxios. Beariz sobe dous casos ata os 13 positivos. Maside mantén 10 contaxios. O Irixo mantén sete casos activos, Piñor e San Cristovo de Cea teñen catro casos cada un. San Amaro conta con dous casos e Punxín, único concello que estaba libre de covid, ten hoxe un caso. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO