Nota do Máster de Enxeñaría Aeronáutica: “Solicitude á Universidade de Vigo e á Xunta de Galicia”

As Universidades de Vigo e da Coruña levan preto de dous anos traballando na
posibilidade de que o Máster de Enxeñaría Aeronáutica sexa compartido entre as dúas
institucións académicas como título interuniversitario. Dito traballo non ten dado os
froitos apetecidos e o máster non está implantado todavía. Deste xeito, as dúas primeiras
promocións de graduados/as do único título que da acceso ao máster, o Grao en Enxeñaría
Aeroespacial do campus de Ourense, téñense visto obrigadas a abandoar a nosa
comunidade autónoma para continuar a súa formación académica. E según as nosas
informacións, a situación actual é, como ten sido desde o principio, que as esixencias da
Escola de Camiños da Coruña non permiten nin siquera comenzar a elaborar o plan de
estudos do título. Esto afecta potencialmente á terceira promoción, xa que o calendario
oficial impón o vindeiro 1 de agosto como data límite para que as universidades lle
remitan á Xunta de Galicia os plans de estudos das titulacións que desexen ofertar na
primaveira de 2022 para comenzar a ser cursadas en setembro dese mesmo ano.
A única solución realista nestes momentos para esta terceira promoción é
recuperar a fórmula de máster exclusivo, ampliamente reivindicada desde Ourense en
2019 e para a que existe un plan de estudos aprobado por entonces polo Consello de
Goberno e o Consello Social da Universidade de Vigo. Non se trata de discutir se é mais
axeitado un máster interuniversitario ou un exclusivo, senón de explorar a única vía para
a que actualmente existe un plan de estudos que permite continuar coa tramitación do
título para que así poida ser implantado e ofertado ao estudantado da terceira promoción.
Por todo o exposto, os asinantes deste escrito, en representación de colectivos
políticos e sociais da provincia de Ourense, solicitan ás autoridades competentes na
Universidade de Vigo e na Xunta de Galicia que fagan cantas xestións sexan necesarias
para tramitar a implantación do Máster de Enxeñaría Aeronáutica en exclusiva en
Ourense, de xeito que o título poida ser ofertado na primaveira de 2022 aos estudantes da
terceira promoción do Grao en Enxeñaría Aeroespacial interesados en cursar en Galicia
o máster que como continuación natural dos seus estudos lles permitirá converterse en
enxeñeiros/as superiores aeronáuticos/as.