Nota de Confaca Galicia sobre o alumnado impedido de presentarse á convocatoria extraordinaria da ABAU por estar afectado pola COVID 19

CONFAPA Galicia, ten mantido nos últimos días reunións de traballo coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade,  e conversas  co Secretario  Xeral de Educación  e Formación  Profesional,  Xosé Luis Mira, sobre a situación na que queda o alumnado afectado pola COVID, ben sexa enfermo ou por ter unha orde de sanidade de seguir corentena por contaxio propio ou por ser contacto estreito dalgún outro afectado pola pandemia. Como consecuencia de perder a convocatoria extraordinaria da ABAU, este colectivo de alumnos non pode continuar coa súa formación,  vendo  violentado  o seu dereito  á educación,  un dereito  fundamental.     En relación  co indicado queremos comunicar o seguinte:

1.         Ao contrario do indicado en medios pola Comisión Interuniversitaria de Galicia e polo seu presidente Pedro Armas, é posible ofrecer alternativas aos alumnos afectados. Cantabria, Extremadura, Castela e León, ou Navarra,  por citar algunhas  comunidades,  estableceron  mecanismos  alternativos  para aqueles  alumnos que,   por   mor   da   situación   sanitaria,   ven   imposibilitado   o  seu   acceso   ás   probas   ordinarias   ou extraordinarias. As comunidades indicadas teñen previsto formas de compensación para o alumnado corentenado,  que lles permite ser examinados  da ABAU na convocatoria  correspondente  sen perda dos seus dereitos.

AVANTAR ACTIVIDADES

2.         Carece de xustificación o feito de que a Comisión Interuniversitaria de Galicia non teña garantido en tempo e forma o dereito do alumnado corentenado a ser examinado da proba da ABAU na convocatoria correspondente.  A situación  na que se atopa  o colectivo  de alumnos  afectado  é resultado  da falta  de dilixencia por parte dos membros da CIUG, ao non ter en conta circunstancias  que si foron consideradas polas CCAA citadas. Dende CONFAPA Galicia reclamamos  unha solución  cando todavía estábamos  en plazo para acadala, obtendo unha sonora negativa por parte da Comisión Interuniversitaria de Galicia. Consideramos  esta  negativa  e a falta  de dilixencia  motivo  suficiente  para    esixira  dimisión  ou o cese inmediato  dos  membros  da  Comisión  Interuniversitaria  de  Galicia,  de  xeito  independente  á  definitiva resolución deste caso. A dimisión ou cese solicítase sen perxuizo das responsabilidades  legáis que poidan derivarse da súa actuación.

3.         Esiximos   unha  solución   inmediata   para  o  alumnado   afectado,   de  xeito  que  se  establezan   os mecanismos precisos para garantir o acceso destes alumnos en igualdade de condicións que os seus compañeiros non afectados polas restriccións derivadas da COVID 19. Á vista da gravidade que supón a limitación de oportunidades na que se sitúa aos alumnos afectados, non cabe xustificación para a falta de medidas alternativas na premura ou imposibilidade de previsión. Na garantía do dereito á educación todas as administracións públicas están na obriga de dispoñer dos medios e recursos que permitan ao alumnado exercer o seu dereito en igualdade de condicións.

4.         Unha mostra da desigualdade na que se sitúa a este colectivo de alumnos por parte da CIUG é o feito de que as prazas  das universidades  galegas  ás que podería  concursar  o alumnado  afectado  poderán  ser ocupadas  por  estudantes  de  fora  de  Galicia  que  nas  mesmas  condicións  sanitarias  que  os  alumnos galegos afectados contaron con alternativas facilitadas pola súa comunidade  autónoma para presentarse ás probas da ABAU. A falta de dilixencia por parte da Comisión Interuniversitaria  de Galicai deixa fora da universidade ao alumnado afectado por un período mínimo dun ano lectivo, aínda que a experiencia di que moitos deste alumnos quedarán desconectados do acceso a universidade definitivamente.

5.         CONFAPA Galicia anima a todo o alumnado  afectado  por esta situación  inxustificable  a que traslade  á Consellería de Cultura, Educación e Universidade, así como á Comisión Interuniversitaria de Galicia, tantas peticións como escritos de reclamación  para a realización  das probas como sexa posible. Sobre a base dunha masiva presentación de peticións, CONFAPA Galicia ofrécese para organizar e cofinanciar a correspondente reclamación colectiva nos tribunais de xustiza, aos efectos de revertir as consecuencias derivadas desta actuación da Comisión Interuniversitaria de Galicia.

6.         Tal como expresamos anteriormente, esiximos a dimisión inmediata ou o cese fulminante dos membros da CIUG responsables  dos danos e perxuizos que vai sufrir o noso alumnado,  a nosa universidade  e a nosa sociedade. Como sufragantes directos e indirectos coas matrículas e cos nosos impostos do sistema universitario galego rexeitamos que estas persoas continúen exercendo os seus cargos na Comisión Interuniversitaria de Galicia. Neste senso interpelamos á Consellería de Educación, que é de Cultura, Educación  e Universidade,  a que exerza  todas as súas competenzas  para esixirlles  aos membros  da Comisión Interuniversitaria de Galicia as responsabilidades derivadas da falta de dilixencia no exercizo das súas funcións.

7.         Somos conscientes de que a afección da situación sanitaria na educación está lonxe de ter sido superada, polo  que  esperamos  que  o  novo  equipo  directivo  da  CIUG  tome  en  consideración  a  necesidade  de establecer procedementos e protocolos para afrontar situacións de emerxencia semellantes.