Este sábado 31 de xullo inauguración da exposición Os camiños de Carlos Casares, con fotografías de Xurxo Lobato na Fundación Vicente Risco de Allariz

Este sábado, 31 de xullo, inauguramos a exposición Os camiños de Carlos Casares, con fotografías de Xurxo Lobato. Estará aberta ao público os sábados, domingos e festivos de 12 a 14 horas ata o 16 de agosto na sede da Fundación Vicente Risco, na rúa San Lourenzo, 3 de Allariz.


Xurxo Lobato presenta 40 fotografías de gran formato que están inspiradas en textos do escritor Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago e a experiencia nesa viaxe.
Forma parte das actividades que desenvolve o programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia e a Fundación Carlos Casares. Esta exposición xurde como unha homenaxe persoal de Xurxo Lobato ao escritor ourensán. Despois de pasar por diferentes localizacións do Camiño de Santiago, como Mondoñedo, A Fonsagrada e Catoira, ven de estar en Corcubión desde onde chegou para rematar en Allariz a primeira itinerancia da exposición.

AVANTAR ACTIVIDADES