Gabriel Alén salienta o traballo dos participantes no campo de voluntariado ‘turismo sostible’ na recuperación da memoria etnográfica de Pereiro de Aguiar

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta mañá o delegado territorial da Xunta en Ourense visitou aos voluntarios

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
  • O delegado territorial quixo coñecer de preto as actividades que están a desenvolver os 12 mozos e mozas, de entre 18 e 30 anos,  no eido medioambiental e etnográfico
  • Gabriel Alén explicou que a Xunta de Galicia puxo en marcha unha campaña de verán con actividades con todas as garantías de seguridade

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá, acompañado do alcalde, Luís Menor, o campo de voluntariado ‘Turismo Sostible’ no concello de Pereiro de Aguiar, para coñecer de primeira man as actividades que están a desenvolver os 12 mozos e mozas, de entre 18 e 30 anos,  no eido medioambiental e etnográfico.

Gabriel Alén significou o labor dos participantes que están a levar a cabo tarefas de limpeza e preparación para a recuperación da barreira de Loñoá, unha vella barreira onde se extraía o barro para a elaboración da olería. Esta barreira perdeuse, e a día de hoxe non ten accesibilidade. A finalidade dos traballos é a súa limpeza e a preparación dunha entrada que permita amosar a tradicional forma de extracción.

Así mesmo, -explicou o delegado territorial- os participantes están a elaborar recursos audiovisuais dos recursos naturais e o xeoposicionamento que serán integrados na web do Concello. Tamén é importante a súa contribución á organización da festa etnográfica de Pereiro de Aguiar mediante a recuperación e posta en valor de oficios tradicionais, recuperación de obxectos de valor etnográfico e a recuperación e recreación de xogos tradicionais.

De xeito complementario, estes xoves tamén desenvolven actividades como a  xeolocalización pola cidade de Ourense, charlas de carácter social nas entidades colaboradoras neste proxecto, obradoiros ambientais e de reciclaxe, xogos de rol, dinámicas de educación ambiental e visitas lúdico – culturais á cidade das Burgas.

A seguridade como prioridade

A Xunta de Galicia puxo en marcha unha campaña de verán con actividades con todas as garantías de seguridade. Neste ano manterase e reforzarase o protocolo específico fronte á covid-19 para facer desta programación unha opción de ocio seguro. A novidade deste protocolo é que os participantes e os monitores deberán realizar unha proba de antíxenos totalmente gratuíta á súa entrada no campamento. Durante a pasada edición non se rexistrou ningún caso positivo nin entre os seus participantes nin entre os profesionais.

Este ano na campaña O verán que mereces o Goberno galego oferta máis de 7800 prazas entre campamentos, minicampamentos e campos de voluntariado. Isto é, 1000 prazas máis que as postas á disposición da mocidade galega o ano pasado.