O BNG logra a unanimidade para demandar da Xunta unha planificación política para a defensa do patrimonio

Bernardo Varela evidenciando o manifestado  polo informe do  ICOMOS da falta dunha planificación política patrimonial por parte da Xunta de Galiza, concita o apoio provincial para demandar unha política de planificación de protección sostíbel do patrimonio. 

O BNG voltou manifestar a necesidade dun Plan Único de financiación para os concellos

AVANTAR ACTIVIDADES

O voceiro do grupo provincial do BNG, Bernardo Varela, lograba a unanimidade do pleno provincial para demandar da  Xunta de Galiza elaborar, en coordinación coa Deputación provincial, un proxecto global e sostíbel de xestión do patrimonio, para a protección dos elementos patrimoniais da provincia. No que se priorice o coñecemento e valorización do patrimonio sobre criterios turísticos, aínda que poidan ser complementarios. Coa conseguinte partida para estes fins nos Orzamentos da Xunta para o ano 2022 e seguintes. 

Na moción do BNG, na que se fai referencia ao importante peso patrimonial que atesoura a provincia de Ourense que é a provincia cun maior número de elementos patrimoniais do País e a segunda do Estado, tamén se instou a Xunta de Galiza a poñer en funcionamento un plan pedagóxico patrimonial escolar para que o coñecemento, o coidado e o que representa o patrimonio forme parte dos principios educativos das nenas e nenos.

Despois do contundente informe do ICOMOS, organismo asesor da UNESCO, que denegou a integración da Ribeira Sacra na lista de patrimonio da humanidade pola ausencia dunha política patrimonial, ” é imprescindíbel que a consellería de Cultura  se responsabilice da importancia do noso patrimonio, tanto do seu respecto como do seu coidado” indicou Varela.

Desde o grupo do Bloque Nacionalista Galego na Deputación de Ourense, non podemos máis que dar as grazas ao resto dos grupos por esa sensibilidade de cara algo do que toda a cidadanía debe estar concienciada. 

Modificación das bases de execución dos orzamentos

O voceiro nacionalista voltou trasladar a inquedanza do grupo do BNG ante a inexistencia dun Plan Único para axuda e colaboración cos concellos por parte da Deputación provincial de Ourense.

 Durante o transcurso do debate o BNG chamou a atención a respecto dunha subvención  por valor de 150.000€. Unha partida  que  inicialmente estaba destinada a pagar as reformas da antiga casa cuartel no concello de Xunqueira de Ambía e que finalmente con esta modificación pasan a destinarse a pago de facturas do ano 2019; “algo que sinceramente, non entendemos e que creemos  que pervirte a idea das axudas e colaboración cos concellos” indicaba Varela.

“Desde o BNG seguiremos a reclamando a existencia dese plan único que permita que os concellos teñan unha saúde financeira e unha capacidade de previsión económica dun ano para o outro” 

Moción do Grupo Socialista sobre a equiparación real e efectiva das persoas menores en acollemento familiar

Bernardo Varela indicou que “o BNG non pode máis que apostar pola igualdade no que supón que eses menores que teñen que estar en situación de acollida e co resto das familias “

 E neste caso o grupo provincial nacionalista propuxo que a unanimidade debía rexer nun punto social  tan importante coma este. Unanimidade que finalmente se impuxo.