Hoxe sábado o Festival de Habaneras volve ao Carballiño, sera no anfiteatro da Veracruz as 8,30 da tarde

Será a edición número 27 do festival organizado polo Orfeón do Carballiño, que o ano pasado non puido celebrarse debido á pandemia e que este ano volve á programación cultural do Concello para este verán aínda que con limitacións polas restriccións sanitarias.O Festival de Habaneras, terá lugar a partir das 20,30 horas no anfiteatro da  Veracruz.

O presidente do Orfeón do Carballiño, Rogelio Rodríguez, destacou que este ano contarán so con dous coros, xa que ademais do propio Orfeón actuará a Colexiata do Sar de Santiago de Compostela. Como novidade tamén este ano vaise realizar unha homenaxe especial aos membros do Orfeón falecidos nos últimos anos, entre eles o que fora presidente do Orfeón, Emilio Rodríguez, que finaba o pasado ano.

AVANTAR ACTIVIDADES