Comunicado do Alcalde de Castrelo de Miño sobre a súa absolución sobre un presunto delito leve de ameazas

Avelino Pazos Pérez, en calidade de Alcalde do concello de Castrelo de Miño, fago o seguinte comunicado:

Informo da miña absolución, ditada pola recente sentencia, de 23 de xullo, da Audiencia Provincial de Ourense, que estima o recurso interposto pola miña parte, revocando a sentencia na que se me condenaba como autor dun delito leve de ameazas, absolvéndome do mesmo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Unicamente manifestar a miña satisfacción porque finalmente se faga xustiza coa realidade do sucedido, xa que, en ningún momento ameacei ni lle desexo mal algún á persoa que me acusou, nin a ningunha outra.

Espero e agardo  que agora se me permita seguir traballando con máis ilusión, si cabe, polo progreso e mellora do meu concello e polo benestar e porvir dos meus veciños e veciñas.