O PSOE de Leiro pregunta pola situación do balneario de Berán

Os socialistas de Leiro acaban de rexistrar un novo escrito, no que fan varias preguntas sobre a xestión da Entidade Menor de Berán, querendo saber se as instalacións do antigo balneario están abertas ou pechadas e tamén, no caso de estar pechadas, por que se está facendo uso da piscina exterior. Tamén preguntan o motivo de non haber sinalización de cal é o estado das instalacións e cuestionan se houbo algún roubo de maquinaria.

O PSOE asegura que estas preguntas xa as formularon e non obtiveron resposta, e que se trata dunha preocupación veciñal. Segundo afirman os socialistas, os veciños tamén preguntan se se está facendo algo en relación ó paso do Camiño da Geira dos Arrieiros pola zona, dentro do Camiño de Santiago. 

AVANTAR ACTIVIDADES