O concello de Ribadavia reclama o apoio da Deputación en varios proxectos

Desde o Concello mantiveron no día de onte un encontro coa  Deputación, agradecendo que nesta ocasión a convocatoria fora pactada en formato e contido, a diferenza da anterior, a cal non fora respectada pola Deputación.
As necesidades planteadas polo Concello nesta reunión son proxectos de mellora de espazos importantes do municipio tales como a Biblioteca municipal, Local Social da Madalena, Oficina Turismo e Museo Xudeu,  edificios dos CRA (Colexios Rurais Agrupados), MIT, Galiña Azul, ou San Xes. Así como a mellora da oferta de servizos sociais, tan importantes en Ribadavia como o Asilo,  un Centro de Día, e os pagos pendentes do Punto Limpo.

Todas estas peticións foran xa realizadas no mes de maio e xuño, e ás cales se lle sumaron novas demandas de colaboración entre Deputación e Concello para:  
– Estrada da Veronza.
– Beirarrúas na Franqueirán.
– Beirarrúas San Cristovo.
– Fíxose entrega de varias Memorias Téncicas para actuacións, entre ellas no Local Social Igrexa da Madalena e o proxecto de reforma integral do Pavillón Municipal de Deportes.

Fíxose especial fincapé na Subvención solicitada no mes de decembro desde o Asilo de Ribadavia por importe de 80.000 euros, e da cal non se ten información ao respecto.  
Así mesmo, recordóuselle aos representantes da Deputación a necesidade de atopar unha solución á situación do Campo do Xestal.  

AVANTAR ACTIVIDADES