Punxín non contará cun servizo de axuda no fogar exprés nin cun obradoiro de emprego, tal e como pedía o Psdeg

Punxín non contará cun servizo de axuda no fogar exprés nin cun
obradoiro de emprego, tal e como pedía o Psdeg, ao contar ambas
propostas co rexeitamento do grupo de goberno

AVANTAR ACTIVIDADES

As Concelleiras Socialistas consideran que esta é unha nova mostra da desidia,
deixadez e abandono ao que o grupo de goberno ten sometidas á veciñanza de
Punxín.


Para Peleteiro, a voceira do PSdeG, “o grupo de goberno, nin traballa, nin deixa
traballar”.
As Concelleiras Socialistas de Punxín critican duramente o que consideran una
nova mostra dun goberno incapaz de traballar por Punxín. Para as socialistas, que o
actual tenente alcalde, Eulogio González, votase en contra das propostas socialistas,
“que el mesmo levaba no seu programa, marcan un novo episodio de engano ás veciñas
e veciños de Punxín”.


Segundo as socialistas, o obxectivo destas iniciativas constistían, por unha beira,
en reducir os tempos de espera para o servizo de axuda no fogar, e por outra beira, a
creación dun obradoiro de emprego, que axudase á reinserción laboral de veciñas e
veciños de Punxín, e propiciase unha mellora na conservación do patrimonio de Punxín,
que se atopa, segundo éstas, “totalmente esquecido”.


Ademais, para a voceira socialista, Lorena Peleteiro, o acontecido no pleno de
onte, votando as mocións presentadas por Eladio Fernández, ausente no pleno para
defendelas, e negándose o grupo de goberno á súa retirada, tal como pedían as
concelleiras socialistas, “é unha demostración máis do talante “democrático” deste
goberno”.