Gabriel Alén destaca a importancia do deporte e do medio ambiente nas actividades da mocidade

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Na visita desta mañá ao campamento de verán ‘Vén explorar con nós’ emprazado nas instalacións do Corgo en Muíños

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial subliñou a importancia da práctica deportiva, destes rapaces e rapazas, para a súa formación tanto física como intelectual, e facelo nun espazo natural como é Muíños e a súa contorna

Baixo o lema “O verán que mereces”, a programación estival da Xunta ofrecerá desde xullo e ata setembro unha oferta de ocio seguro, que inclúe probas de antíxenos gratuítas para participantes e monitores, entre outras medidas de protección

Nestas instalacións a mocidade teñen a oportunidade de participar en actividades de auga, kaiak, vela, supervivencia, educación ambiental, dinámicas de expresión teatral e xogo

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá, acompañado do alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, o campamento ‘Ven explorar con nós’ no complexo O Corgo; unhas instalacións equipadas con comedor central, infraestruturas deportivas e zonas cubertas con pérgolas para choiva e sol.

O delegado territorial destacou a importante oferta de ocio e tempo libre, sempre vinculada á educación non formal, que oferta a comunidade durante a tempada estival, entre campamentos, campos de voluntariado e outras actividades, e subliñou a importancia de desenvolver este tipo de estadías nas que os participantes gozan dunha programación de lecer educativo e tempo libre de primeiro nivel e nas que ao mesmo tempo, crecen persoalmente e coñecen a mozas e mozos que residan na comunidade autónoma.

Gabriel insistiu na importancia da práctica deportiva, destes rapaces e rapazas, para a súa formación tanto física como intelectual, e facelo nun espazo natural como é Muíños e a súa contorna.

Neste campamento participan un total de 50 mozas e mozos de idades comprendidas entre os 09 e 12 anos. Durante unha semana desenvolverán actividades de auga, kaiak, vela, supervivencia, educación ambiental, dinámicas de expresión teatral e xogo.

Baixo o lema “O verán que mereces”, a programación estival deseñada pola Xunta de Galicia ofrecerá desde xullo e ata setembro unha oferta de ocio seguro, na que se manterán as medidas de protección aplicadas durante a pasada edición, como a redución do aforo, o incremento do número de monitores, o reforzo das medidas de desinfección e limpeza ou a adaptación das actividades ás normas hixiénico-sanitarias. Ademais, este ano inclúense probas de antíxenos completamente gratuítas para todos os participantes e monitores antes do inicio de cada campamento.

Gabriel Alén subliñou que durante o ano pasado Galicia foi das poucas Comunidades que mantivo a campaña de verán e logrou que se desenvolvera sen incidentes xa que non se rexistrou ningún caso positivo. “Isto levounos a incrementar a oferta de prazas durante este ano en máis de 1000, ata chegar a un total de 7.800 prazas” entre os campamentos, minicampamentos e campos de voluntariado, resaltou.

O complexo O Corgo ten praias fluviais con zonas verdes, campo de deportes con herba artificial, polideportivo cuberto, zonas de camiños e sendeiros e aparatos biosaúdables. Para a práctica deportiva conta con barcos e piraguas, e vixiantes nas zonas de baño.Imaxes relacionadas