Galicia estabiliza os casos activos pero suma hoxe pacientes en coidados intensivos

A comunidade galega rexistra hoxe 1.074 contaxios, un ritmo de novos positivos que ascende con respecto a onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 18.622, apenas un centenar menos nas últimas 24 horas. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta un ascenso nos hospitais galegos. Do total de pacientes positivos en Galicia, 46 (+4) están en UCI e 257  (-4) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 62 contaxios novos, o dobre ca onte, e restando as altas, os casos totais baixan ata os 1.664 casos activos, preto de 60 casos menos. Os hospitais hoxe presentan 39 (+3) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 5 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES