Galicia rexistra máis dun milleiro de contaxios novos pero estabiliza os ingresos en hospitais

Una mujer participa en un dispositivo de cribado masivo para detectar positivos por coronavirus en Expourense, en Ourense, Galicia (España), a 6 de febrero de 2021. La presión hospitalaria provocada por la pandemia del coronavirus ha vuelto a bajar en Galicia, aunque ligeramente, al registrar 1.283 pacientes ingresados, seis menos que 24 horas atrás. Además, han caído por debajo del millar, hasta los 919, los positivos de covid-19 detectados, mientras que los casos activos se han reducido hasta los 20.887. 6 FEBRERO 2021;OURENSE;EXPOURENSE;CRIBADO;CRIBADO MASIVO;GALICIA;XUNTA DE GALICIA;CORONAVIRUS;VIRUS; Rosa Veiga / Europa Press 6/2/2021

A comunidade galega rexistra hoxe 1.103 contaxios, un ritmo de novos positivos que  se mantén con respecto a onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 18.643, unha cifra que se incrementa en apenas 20 casos. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta un ascenso nos hospitais galegos. Do total de pacientes positivos en Galicia, 52 (+6) están en UCI e 250  (-7) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 92 contaxios novos, unha trintena máis ca onte, e restando as altas, os casos totais baixan ata os 1.596 casos activos, preto de 60 casos menos. Os hospitais hoxe presentan 31 (-8) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 4 (-1) na UCI. Ademais, onte faleceron dúas persoas con patoloxías previas, unha en Vigo e outra en Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES