A CHMS mellorará o saneamento no arroio Varón no Carballiño

O investimento necesario estímase en 70.000€, que serán sufragados en porcentaxe 80% pola CHMS e o 20% restante polo concello

Hoxe foi rubricado o convenio de colaboración que posibilitará estas actuacións

AVANTAR ACTIVIDADES

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, mellorará o saneamento no arroio Varón, no Carballiño (Ourense).

Hoxe foi rubricado o Convenio de colaboración entre o presidente do organismo de conca, José Antonio Quiroga, e o alcalde do municipio, Francisco Fumega; co obxectivo de determinar as condicións de financiamento e execución das obras de construción do novo colector de sanemiento e a súa posterior entrega ao concello.

O Proxecto

O saneamento do Carballiño conta na contorna da rúa Madanela, cun colector de saneamento que está conectado a unha fosa séptica situada xunto ao arroio de Varón; dita instalación funciona deficientemente e provoca vertidos de augas sen depurar ao leito.

As obras consistirán na demolición da fosa séptica existente, substituíndoa por un colector de saneamento que recolla a vertedura que chega ata a mesma, na marxe dereita do leito, e condúzao ata o colector de saneamento que discorre pola súa marxe esquerda.

O investimento total necesario estímase en 70.000 €, a CHMS achegará 56.000 euros, o que supón unha porcentaxe do 80% do investimento, e o Concello do Carballiño o 20% restante, 14.000 euros.