Manuel Penedo será nomeado fillo predilecto do concello do Irixo

IES CHAMOSO LAMAS

O día 2 de agosto de 2019, Manuel Penedo falecía logo dunha longa enfermidade no Irixo, pobo onde era alcalde. O pasado ano, coincidindo co aniversario da súa morte, o concello puxo en marcha o procedemento para nomealo como fillo predilecto e para adicarlle o seu nome á praza do concello. Este sábado, tamén preto do segundo aniversario do seu falecemento, o concello celebrará un acto no que se fará oficial este nomeamento. No acto contarase ca presenza do actual alcalde, Manuel Cerdeira; co delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e co presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, ademais doutras personalidade, veciños e familia.

HIPER MASIDE

VIDEO SPOT O IRIXO en BADAL TV