O BNG amósase perplexo ante as informacións xurdidas de que Jácome pretende aprobar a modificación de crédito de 62 millóns de euros a marxe do pleno

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dita modificación de crédito está pendente de ser publicada no BOP e deste xeito poder presentar alegacións á mesma. Alegacións taxadas por lei en canto ao seu contido pero que en todo caso, segundo o BNG, deben ser avaliadas polo pleno e non por ningún outro órgano como así recoñece a sentenza do T.S. 784/2015 de 13 de febreiro

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No día de hoxe coñeceuse que o alcalde do Concello de Ourense, Gonzalo P. Jácome ven de encargar un informe á asesoría xurídica municipal co obxecto de evitar que as alegacións que se puideran presentar á modificación de crédito de 62 millóns de euros, unha vez esta saia a exposición pública no BOP, sexan avaliadas e votadas polo pleno municipal.

Por desgraza para o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense, xa non  sorprende este novo intento do alcalde de tentar furtar competencias ao pleno, está a facelo co desmantelamento do CIE, tal e como se constatou no derradeiro pleno celebrado. Pleno que, para o BNG, e tal e como aparece recollido nos artigos 169.2 e 177.2 do  Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e 197 bis da LOREG é o encargado de avaliar e en último termo estimar ou rexeitar ditas alegacións, no caso de que se presenten.

Os nacionalistas agardan en todo caso a coñecer o informe encargado á asesoría xurídica por parte da alcaldía, ao tempo que lembran que actualmente duas sentenzas anularon o capítulo 1 dos Orzamentos municipais de 2020 por vulnerar o dereito á negociación colectiva e en contra do que argumentaba precisamente un informe emitido no seu día tamén por parte da asesoría xurídica municipal.

Para o BNG, Jácome tenta maniobrar pois sabe que non conta coa maioría suficiente, algo que non acaba de asumir, e pretende facelo saltándose procedementos e mesmo furtando as competencias neste caso, do pleno municipal.

Unha vez máis, os nacionalistas instan ao alcalde a mudar de actitude, a deixar de lado as súas ínfulas dictatoriais e a asumir dunha vez por todas que as leis son de obrigado cumprimento para todas e todos e que non pode “facer o que lle pete, DIÁLOGO SI, IMPOSICIÓNS NON “