O C.D. Arenteiro xoga mañá fronte o Celta B, no campo do Espiñedo

O C.D. Arenteiro prosegue ca pretemporada logo dun primeiro partido con goleada. O seguinte encontro será o sábado día 7, volvendo ó campo do Espiñedo, fronte o Celta B, ás 19:30 horas.

O partido será con público, pasarán sen necesidade de ticket os socios con abono desta tempada 2021/22. E abrirase a venta de entradas para os non socios.

AVANTAR ACTIVIDADES

A oficina (Rúa Rosalía de Castro,16 baixo) segue funcionando de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 para a creación e renovación de abonos.

O sábado a maiores dos abonos tamén se venderán entradas, e a partir das 16:30 en Espiñedo venderanse entradas para o partido coa posibilidade de renovar e crear abono.