Nota do Bng: “Ribadavia volta ser vítima dos recortes do PP en educación”

A Consellería de Educación ven de ordenar que para o vindeiro curso 2021-2022, o CEIP de Ribadavia conte cunha unidade menos de educación infantil. De se aplicar, perderase tamén unha mestra de infantil. Así se dispón na orde pola que se “modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes desta consellería nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial” que ven de ser publicada no DOG de hoxe 6 de agosto. 
Ribadavia volve padecer os recortes destes 12 anos de Feijóo á fronte do goberno galego:

– 2011, desaparición do IES Abrente e peche do Bacharelato e do ciclo medio de FP en Administración que alí se impartían.

AVANTAR ACTIVIDADES

– 2014, supresión da aula de infantil no colexio de Francelos do CRA Amencer

– 2017, desaparición do CPI Tomás de Lemos que conleva a supresión da ESO neste centro que pasa a denominarse CEIP de Ribadavia, co traumático traslado de profesorado e alumnado de secundaria ao IES O Ribeiro.

– 2019, supresión dunha aula de infantil no CEIP de Ribadavia

– 2020, peche do colexio da Alameda do CEIP de Ribadavia

– 2021, supresión dunha aula de infantil no CEIP de Ribadavia

Esta sucesión de recortes (coa única nota positiva da posta en marcha do ciclo de FP en vitivinicultura logo da demanda social xeneralizada do Ribeiro), tiveron tamén como consecuencia a perda de persoal docente que foi suprimido e a masificación das aulas. De feito, o persoal docente do CEIP de Ribadavia reduciuse en tres mestras de ensino infantil entre 2019 e o vindeiro curso 2021-2022, tal e como se pode observar na seguinte táboa que recolle as disposicións do DOG para os cursos 2018-2019, 2019-2020 e 2021-2022:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180730/AnuncioG0164-190718-0001_gl.html

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190729/AnuncioG0534-180719-0002_gl.html

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-260721-0001_gl.pdf