Unha visión alternativa do transporte

Victor Barreiro Domínguez

Neste artigo queremos amosar por que a electrificación dos vehiculos non é a solución completa aos problemas que ten actualmente o transporte na nosa sociedadee e presentar unha alternativa. Introduciremos os temas nos que despois afondaremos noutros artigos; comezando polo custo ambiental do modelo de electrificación de vehículos, o impacto social do transporte público e o cambio de paradigma que nos permiten os sistemas intelixentes.

AVANTAR ACTIVIDADES
Estación de Boborás

No que fai ao custo ambiental da electrificación dos turismos debemos recordar que a fabricación dun coche eléctrico supón unha maior contaminación cá do seu homólogo a combustión, sendo a vantexe destes reside no seu menor impacto co paso dos qulómetros (habitualmente supera os 100 000 km). Por outra banda, para a fabricación dos mesmos precisamos materias de orixe complexa, en moitos casos de zonas en conflicto. O asunto está aquí en cantos destes coches deberían existir se na súa vida útil non van alcanzar o uso necesario para seren ecoloxicamente rendibles.

Habitualmente  fálase  do  transporte  público  como  medio para reducir a contaminación pero igual de relevante é o aspecto social. Os vehículos persoais son unha alternativa claramente excluinte, non só en termos económicos ao precisar un carnet e adquirir e manter o propio vehículo, senón nas condicións que deben reunir as persoas para poder empregalos: ser maiores de dezaoito anos e cumprir as condicións físicas. Apostar por este transporte implica reducir as liberdadades dos máis novos, dos máis vellos ou de calquera persoa con calquera circunstancia que lle impida conducir, un prezo que como sociedade nos deberiamos plantexar. Na mesma liña, un transporte público de calidade favorece a igualdade social no acceso aos recursos e supón o modo de facer viable hoxe a vida nas nosas vilas e aldeas para a mocidade e boa parte da poboación.

Probablemente, quen teña lido os parágrafos anteriores estará pensando que forzar a existencia do transporte público non ten percorrido económico co que nunca será real. Neste punto os sistemas intelixentes poden facer isto sostible prescindindo de conductores en trens ou autocares e adaptando a oferta ás nosas necesidades baseadas nos datos e non na decisión que poda tomar renfe dende Madrid. Mesmo poderían ofertarse baixo demanda cando uns rapaces quieran ir ao teatro ou sair de festa noutra vila relativamente próxima. No caso dos trens son moitas as estación que están pechadas e sen ningún tipo de servizo, poderíanse empregar pequenos trens tipo “People Over” sen conductor ata outra estacións  de  maior  tamaño.  Do  mesmo  xeito, este plantexamento non só suporía un impacto ambiental e social senón que feito da man de administracións públicas, centros tecnolóxicos e empresas galegas suporía tamén un coñecemento a exportar para as empreas e un pulo de perfís técnicos para adminisracións coma os concellos encargados de xestionalas.