1º Aniversario do falecemento de D Florencio Gulias Barros ex-Presidente do Centro Galego en México

Florencio Gullias Barros, expresidente do Centro Galego de México, faleceu fai un ano ós 67 años de idade na cidade de México a causa do virus Covid-19. Gulías Barros naceu en Beariz, no Carballiño, no ano 1953 e foi presidente desta entidade entre 2014 e 2019.

AVANTAR ACTIVIDADES

Durante os cinco anos que estivo ó fronte desta institución, realizou importantes cambios coma a mellora das instalación da entidade e a dinamización cultural e deportiva. Ademáis, foi el mesmo quen incorporou á Xunta Directiva do Centro Galego de México ó actual presidente, Alfonso Martínez.

Florencio Gulías vivíu máis de cincuenta anos en México, deixando a súa vila natal ós 13 anos. Aínda así, regresaba polo menos dúas veces ó ano a Galicia, onde tamén pasaba as súas vacacións.

Para a súa familia este é o segundo golpe en pouco tempo, xa que fai dous anos o cuñado de Florencio Gulías, José González, natural de Montes, O Carballiño, foi asesinado en plena rúa tamén na cidade de México.

Para recordar a D Florencio Gulias Barros o Centro Galego de México teralle unha misa na Capilla do Sanatorio Español