O PP demanda a apertura da Picuxa en horario de tarde

Dende o Partido Popular de Ribadavia aseguran que recibiron numerosas queixas de veciñanza de Ribadavia, fundamentalmente de rapaces e rapazas de a partir de 12 anos, polo feito de que se atope pechada a pista da PICUXA polas tardes no verán.

Aseguran que este espazo pola súa ubicación céntrica e polo feito de ser unha pista cuberta é un espazo ideal para que poidan xogar e practicar deporte, polo que afirman non entender que a instalación permaneza pechada. Polo tanto, solicitan por escrito ao goberno municipal que se faga o necesario para a súa apertura.

AVANTAR ACTIVIDADES