O Arenteiro rompe a racha e empata contra o Coruxo 1-1

O Arenteiro comezou unha pretemporada envexable con dúas vitorias por goleada. O Coruxo chegou onte ó Espiñedo con gañas de poñer a proba a este rival invicto, e conseguiu deixar o marcador en táboas 1-1. No minuto 25, o Arenteiro encaixaba o primeiro tanto da pretemporada, sorrindo a sorte para os pontevedreses. Na segunda parte, os verdes saíron a por todas, e foi unha das novas fichaxes, Adri Cruz, quen ofreceu o empate.

O seguinte partido será este sábado, día 14, fronte ó Deportivo B, en Abegondo.

AVANTAR ACTIVIDADES