O Carballiño baixa seis casos ata os 50 contaxios. Os demais concellos tamén reducen cifras

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 74 contaxiados.

O Carballiño conta hoxe con 50 casos activos, cun descenso de seis casos con respecto a onte.  Boborás baixa ós 3 contaxios. Beariz baixa ós 7 casos activos; Maside baixa ós 6 casos activos; San Amaro baixa ós 4 contaxios; O Irixo, Punxín e San Cristovo de Cea contan cun caso cada un deles. Piñor é o único libre de covid.

AVANTAR ACTIVIDADES