Gabriel Alén subliña o labor dos obradoiros de emprego para a mocidade como xeneradores de oportunidades laborais

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Na súa visita ao Centro de Formación da Mancomunidade de Verín

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
  • No Programa ‘Mocidade da Mancomunidade de Verín VI’, a Consellería de Emprego e Igualdade inviste preto de 370.00 euros, o que permitirá formar a 8 alumnos – traballadores nos módulos de froitocultura -, e a 8 no de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
  • O delegado territorial explicou que os obradoiros dirixidos aos menores de 30anos son programas mixtos de emprego e formación que teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas participantes
  • O representante do Goberno autonómico sinalou que na provincia de Ourense a Xunta de Galicia tamén investiu 369.000 euros no Obradoiro xuvenil, ‘Manco Xove V’’ pertencente á Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense

 O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá, acompañado do presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, José Luís Suárez, e alcaldes dos concellos pertencentes  á mancomunidade, o Centro de Formación, onde se empraza o Obradoiro de Emprego ‘Mocidade da Mancomunidade de Verín VI’, dirixido a menores de 30 anos.

Este Obradoiro, no que a Consellería de Emprego e Igualdade inviste preto de 370.00 euros,  formará a 8 alumnos – traballadores  nos módulos de froitocultura e 8 no de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Os concellos beneficiarios son: Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Verín e Vilardevós.

O delegado territorial explicou que os obradoiros dirixidos a menores de 30 anos son programas mixtos de emprego e formación que teñen por finalidade ocupar a persoas desempregadas mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumnado a realización dun traballo efectivo que incida na súa cualificación e favoreza unha posterior inserción laboral. O obxectivo é incrementar as oportunidades laborais dos galegos e galegas para minimizar os efectos da crise sanitaria.

Gabriel Alén destacou que a formación que se imparte nos concellos está adaptada aos perfís máis demandados das empresas da contorna polo que algúns alumnos atopan emprego mesmo antes de finalizar a súa formación. O delegado da Xunta felicitou aos participantes: “porque teredes a oportunidade de formarvos durante  meses e de traballar para mellorar as vosas capacidades profesionais e a vosa empregabilidade, polo que é moi importante aproveitar esta formación para poder atopar un emprego”.

O representante do Goberno autonómico sinalou que na provincia de Ourense a Xunta de Galicia tamén investiu 369.000 euros noutro Obradoiro de Emprego de garantía xuvenil, neste caso o pertencente á Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense, o obradoiro de emprego xuvenil Manco Xove V’, quen formará a 9 alumnos – traballadores nos módulos de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas-, e a 7 no de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Os concellos beneficiarios son: Baños de Molgas, Esgos, Maceda, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadañedo.

O delegado territorial aclarou que os proxectos que se financien ao abeiro desta convocatoria poden ser promovidos polos concellos de Galicia, polas mancomunidades de concellos e polas entidades públicas dependentes ou vinculadas a concellos ou mancomunidades cuxa titularidade corresponda integramente a elas.

Os Obradoiros están destinados a persoas inscritas no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil e terán unha duración de 12 meses.

Actuacións previstas

Os participantes no módulo de froitocultura desenvolverán as súas tarefas na finca de ensaios de viña e cultivos asociados do Centro Agra Gandeiro do Inorde en Monterrei; os participantes no módulo de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais farán prácticas na residencia de maiores de Cualedro e na Residencia Irmanciños dos Anciáns Desamparados de Verín