Este domingo, humor da man de Touriñán, no Carballiño

Mañá domingo, a praza da Veracruz acollerá unha nova actividade cultural. Neste caso trátase do monólogo de Touriñán, baixo o nome “Aquí tou”. Esta actividade dará comezo ás 20:30 horas e, coma nas últimas, o público deberá estar sentado en cadeiras e con control de aforo.

Para os máis pequenos, Catoxo traerá o espectáculo “Levántate Xan!”, unha actividade de contos para bebés, que terá lugar o domingo día 15, ás 11:00 horas, na explanada do parque municipal.

AVANTAR ACTIVIDADES