Galicia prosegue ca tendencia á baixa, reducindo en once os pacientes en hospitais

A comunidade galega rexistra hoxe 406 contaxios, un ritmo de novos positivos que  descende do medio millar de onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 13.076, unha cifra que descende en máis de 400 casos nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe, pola contra, presenta un descenso. Do total de pacientes positivos en Galicia, 63 (=) están en UCI e 263 (-11) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 26 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan ata os 797 casos activos,  preto de 40 menos nesta xornada. Os hospitais hoxe presentan 28 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 7 (-1) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES