Os veciños de Fonteantiga volven denunciar os vertidos de residuos na zona, no medio da estrada e no monte, co conseguinte risco tamén para o tráfico. Xa foi denunciada a situación e piden solucións para que non siga sucedendo. O grupo municipal de emerxencias tivo que acudir á zona para eliminar estes obxectos, que supoñían un perigo para a circulación de vehículos ó tratarse de refugallos de gran tamaño.