Ribadavia establece un horario temporal no punto limpo

O Concello de Ribadavia establece o seguinte horario temporal de recollida de enseres no punto limpo da Foz: o sábado de 9 a 11h.

Sabedores da demanda veciñal deste servizo, esta medida transitoria adoptase coa autorización e acordo da Deputación, mentres non se resolve definitivamente a situación do Punto Limpo da Foz.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Deputación, como concesionaria da recollida e tratamento de RSU do Concello, continuará realizando a recollida de enseres nos domicilios.