Continúan as actividades programadas desde o Concello para as noites deste mes no Castelo de Ribadavia.

– 18 DE AGOSTO | Musical “Dos 80 aos 90”.

– 19 DE AGOSTO | Musical familiar Tributo ao Rei León.

AVANTAR ACTIVIDADES

Continúan hoxe as actividades programadas desde o Concello para as noites deste mes de agosto no Castelo de Ribadavia.

O Concello programou durante o mes de agosto o Ciclo Cultural no Castelo, con actuacións dos monologuistas Carlos Blanco e Agustín Jiménez, desde o 12 e 30 de agosto respectivamente, e tamén dous musicais, “Dos 80 aos 90” e “Musical familiar Tributo ao Rei León”, que terán lugar o 18 e 19 de agosto. O auditorio do Castelo é o espazo ao aire libre no que se leven a cabo todos os espectáculos, coa intención de recuperar as tradicionais “Noites do Castelo”.

A semana pasada puidemos gozar da actuación de Carlos Blanco, con moi boa acollida por parte do público con un cheo total. 

Esta semana continúan as actuacións no Castelo este mércores e xoves:

– 18 DE AGOSTO | Musical “Dos 80 aos 90”.

– 19 DE AGOSTO | Musical familiar Tributo ao Rei León. Actuación que xa ten colgada o cartel de aforo completo.

A última semana do mes pecharase o ciclo:

– 30 DE AGOSTO | Monólogo de Agustín Jiménez.

MERCA DE ENTRADAS PARA AS TRES ACTUACIÓNS:

As entradas están tendo moi boa acollida no público, estando xa esgotadas para o Musical tributo ao Rei León.  Pódense adquirir a través da plataforma online: https://www.woutick.es/, ou ben na Casa da Cultura de luns a venres, de 09:00-14:00 horas, no teléfono: 988 471 900, e mesmo no propio día da función pola tarde na Oficina da MIT a partir das 18h.