A partires de hoxe día 18 de agosto, abrirase ao público a bienal mostra do “Obradoiro 2021 de Mª del Carmen González”.
Dende o ano 1992 vense presentando iste Obradoiro cada dous anos. Componse de diversos traballos realizados polos afeccionados -dende 7-8 anos en adiante- a esta arte plástica, baixo a dirección da súa monitora; nas diversas técnicas de debuxo e pintura: lápiz, carboncillo, acuarelas, ceras brandas, témperas, tintas, pasteis, rotuladores, acrílicos, óleos, acuarelas,…
O horario para visitala é ata o día 29 de agosto e será de 19 a 22 horas, na sala de exposicións do Auditorio Manuel María coa colaboración do Concello do Carballiño.