Exposición en Allariz a partir do día 20: “EXIT Atlas dos cines habaneiros de Carmen Rivero”

Na sede da Fundación Vicente Risco, en Allariz, estará exposta unha interesante exposición do 20 de agosto ao 24 de outubro: EXIT Atlas dos cines habaneiros de Carmen Rivero. Nos anos 50 na Habana había máis de 132 salas de cinema. Coa revolución de 1959 iníciase un paulatino cesamento de proxeccións. As películas confíscanse e as produtoras abandonan a illa. Nos anos 90, o “Período Especial” conduce ao peche masivo de salas. Hoxe só preto de 30 cinemas sobreviven en pésimas condicións.Esta exposición nace da necesidade persoal de crear unha imaxinería capaz de axudar á concepción dunha conciencia que reflexione os conceptos de historia e memoria.