Galicia baixa os casos activos logo de volver a subir ós 602 contaxios nas últimas 24 horas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A comunidade galega rexistra hoxe 602 contaxios, un ritmo de novos positivos que  supera o medio millar, logo do descenso de onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 12.730, unha cifra que descende en preto de 300 casos nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta un descenso. Do total de pacientes positivos en Galicia, 63 (=) están en UCI e 259 (-4) en unidades de hospitalización.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 46 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan ata os 791 casos activos,  6 menos nesta xornada. Os hospitais hoxe presentan 25 (-3) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 (-1) na UCI.