ESCOITA, XOGA, CREA. Improvisación Teatral Para Actrices E Actores.
METODOLOXÍA
O taller desenvólvese en dúas sesións intensivas diarias (3 horas por sesión) de traballo que se realizan durante os días 28 e 29 de Agosto. Cada curso constará de dúas parte e en ambas as dúas a utilización da música é un elemento esencial.
Correo electrónico para consultas: festivaldoteatrogalego@gmail.com
OBRADOIROS #FETEGA2021.Inscrición aberta ata o lunes 23 de agosto ás 20:00hs
Máximo de prazas por obradoriro: 14
Inscrición 50 €
As prazas confirmaranse por orde de pago segundo ingreso en banco.
Porque É Tan Importante A Impro?
A improvisación teatral, a impro, é teatro. Outra forma de facer teatro. Escenas creadas de forma instantánea, sen texto escrito nin preparación previa, e nas que o actor ou actriz, interpreta a ficción no mesmo momento en que o está creando. Como na maioría das obras de teatro, adoita haber personaxes, accións, conflitos, lugares onde sucede a ficción, variedade de sucesos e transformacións… pero na impro, o as actrices non só traballan como intérpretes da historia, tamén son responsables da dramaturxia e da posta en escena. É por tanto, tamén escritora e directora teatral simultaneamente. As improvisadoras van facendo propostas, tomando decisións e poñendo en xogo os recursos grupalmente. O resultado: unha creación colectiva única e irrepetible, construída momento a momento a partir dos impulsos e ideas das participantes.