Tinte galeguista

Manuel Herminio Iglesias



Non sei se por esquecemento, ou por ser un crego, dende os primeiros anos da democrácia non escoitei falar máis de Basilio Álvarez, aínda que si visitei con compañeiros de militamcia a Igrexa onde el exerceu, pois a súa figura como persoa é moi importante. Iste home, defensor do agro e loitador contra o caciquismo e a eliminación dos foros,  a día de hoxe, está esquecido pra  grande maioría social.

AVANTAR ACTIVIDADES

Sabemos que, quen descoñece o pasado dificilmente entende o presente. E pra  falar da eliminación dos foros, ben por eximición ou redención como foi en Galicia, é importante non  esquecer a iste senlleiro ourensán.  Basilio é unha figura esencial na loita contra o caciquismo,  a dependencia dos poderosos e abuso desa xente. Pero, o máis curioso do tema,  é ver como os que nunca foron galeguistas  actúan con formas e maneiras semellantes as denunciadas por Basilio, e pretenden ser os únicos  artífices das súas  lembranzas e homenaxes.

Segundo varios medios de comunicación hai uns días e o xefe provincial  presidiu un acto na  parroquia de Castro de Beiro  homenaxeando  a iste cura que exerceu o periodismo xunto coa acción política nos primeiros anos do século XX, e que finou no exilio. O tema non sería obxecto deste comentario se a lembranza que en Beiro se fixo fora unha homenaxe ampla na que tamén estiveran presentes as distintas forzas e partidos políticos  que teñen representación na cidade das burgas.

Mais parece que, o afán de ser o mellor da clase, impediu ampliar o abano dos asistentes.  A  intención é  de que todo quedase nas mans do promotor, pois pra eso actúa como se fora o  señor da provincia cuestión que chama moito  a atencion. Non  quero pensar que díra Basilio,  si vira que, moi sibilinamente nesta terra,  perduran moitos dos males que il  denunciaba. Seguro que quedaría abraiado.

 As ansias de seguir mantendo un certo tinte galeguista tamén  pudo ser a causa, tinte que algúns romáticos donos de siglas aplauden como se o tinte non se esvaecera  ós poucos días de dar á pócima. Pero os  feitos e as súas consecuencias, ó fin e o fallo,  son as que dan ou quitan a razón e, de  momento, galeguistas nos populares non hai. Todos son accións pra galería. Mais o certo é que estas pequenas pinceladas con brocha gorda  non van a trocar o camiño da decadencioa na que vive esta provincia sen mar e moi avellentada; provincia  que mira o futuro poñendo por diante ó dito: de moitos: que  lle imos facer, o caso é ir  tirando, etc.

Agora que agochar as canas, dándolle un tinte pra quitarse uns anos, está de moda, parece  que poñer o traxe de galeguista vende  e así  semellar que  un  é un chisco máis moderno e preocupado polo futuro desta terra, cando a realidade di o contrario, pois soamente importa o poder.

Con todo, non hai que esquecer que os tintes nos cabelos, pasados uns días, deixan ver de novo as canas, e amosan a faciana  verdadeira do persoeiro. Por eso, no fondo desta cuestión, latexa a ansia  de protagonismo e de propiedade do ente provincial, e iso, por moito que se queira debuxar de poderío, soamente indica soberbia e mediocridade. E nesta provincia e na cidade dende hai uns anos  hai moita. E  así nos vai de ben. Pois imos de victoria en victoria ata a traxedia final.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas