Luis Seara subliña que o alcalde é un “vendefumes”, e que con estes cambios só pretende agochar a súa total inoperancia, ineficacia e ineficiencia.

“Vende que a redistribución vai fomentar a operatividade, cando leva meses desmantelando servizos coma educación, a cultura ou o turismo”

Estes días está a procederse ao baleirado de parte das dependencias municipais e traslado das traballadores/ as a outros espazos. Esta decisión, ademais de baleirar a planta baixa do Concello, para ubicar ao seu “clan” de amiguetes, segue a desmantelar servizos básicos que se deben ofrecer desde a institución municipal, como é a educación, a cultura ou o turismo. “Unha vez máis, o alcalde trata de agochar a súa total inoperancia, ineficacia e ineficiencia, dicindo que a culpa é dos traballadores, cando o responsable de que non funcione é únicamente Gonzalo Pérez Jácome, co apoio do PP”

AVANTAR ACTIVIDADES

O alcalde, “motu proprio”, quere converter a casa do concello nun espazo sen funcionari@s, no que so haxa persoal de confianza. Terá isto que ver co feito de que non queira que ninguén, agás os seus acólitos, vexan quen entra e quen sae do edificio?

Que opina o PP desta redistribución? está dacordo?