Esta fin de semana, II ciclo de música Feito no Carballiño

Publicidade ASPADISI

Volve a música en directo no Carballiño cun ciclo no que estarán presentes diferentes estilos como o rock, o pop, o Ska, o indie, o soul ou o folk. Entre as novidades desta edición destaca a presenza do gran guitarrista de “Los Suaves” Fernando Calvo. O ciclo de música arrancará o sábado ás 19:30h na pista roxa do Carballiño da man do grupo local Bahía Azul, continuará a Banda da Garda  coa presenza da veciña de Seoane, Marta Bravo, o dúo do carballiñés Alberto Estévez e a vocalista polaca Martyna Baran, SM, e o grupo de rock convidado Distance Sister. Finalmente, pechará a xornada o coñecido grupo de pop carballiñés Sueños de Ítaca.

A xornada do domingo terá como protagonista a Ce Orquesta e o grupo Skadelos que dará paso aos xa vetereranos Sussie Q’s, a banda punk-rock Derroche, e The Impossiblues que pechará a segunda edición deste festival “Feito no Carballiño”.

HIPER MASIDE