A Praza Maior do Carballiño acolleu hoxe a presentación da cuarta Mini BTT, organizada polo Club Ciclista Carballiño. A proba é puntuable dentro do campionato galego e está destinada a nenos entre os 4 e os 16 anos.
Máis de 300 nenos se inscribiron para esta proba, dando un gran pulo a este deporte na vila. Roberto Rodríguez, do Club Ciclista, explicou como será o evento, obrigado a ser sen público.
Dende o clube agradeceron tamén a axuda por parte de patrocinadores, do concello e dos colaboradores como protección civil. A proba tamén traerá o aliciente de máis dun milleiro de persoas para o pobo.
A concelleira de deportes, Silvia Baranda, amosou o seu apoio e alabou o esforzo desta asociación, así como animou a participar nos eventos deportivos.