No Ribeiro, a última actualización do Sergas sobre os casos activos de coronavirus deixa un total de 20 casos activos.
O concello de Avión segue á cabeza, con 12 casos activos, a mesma cifra ca onte. Ribadavia baixa de novo, para contar hoxe con 4 contaxios, un menos ca onte. Castrelo de Miño conta con tres casos e Beade cun so positivo.
Os demáis concellos, Arnoia, Carballeda de Avia, Cenlle, Cortegada, Leiro e Melón, están libres de coronavirus.