Víctor Senra e Moncho López fanse ca vitoria do 35º Rally do Lacón

Víctor Senra e Moncho López.

Víctor Senra e Moncho López, ós mandos do Skoda Fabia Rally2, lograron a vitoria neste 35º Rally do Lacón, que volvía ó Carballiño logo de quince anos de parón e que trouxo con moitas gañas e ilusión a 134 equipos. Esta gran afluencia ten especial valor ó coincidir en data co Rally de Ferrol, puntuable para o Supercampionato de España. Este equipo impúxose en todos os tramos, demostrando que seguen sendo os líderes do Campionato Galego.

Alberto Meira e José Murado lograron o segundo posto, lonxe da cabeza pero ofrecendo disputa co que finalmente quedou en terceiro posto, Paco Dorado e Roi Torrente. O cuarto lugar da táboa foi para Diego Vila e Alex Alonso e para completar top cinco, Antonio Pérez Orozco e Sergio Cancela, coruñés que competía ós mandos do Skoda Fabia do preparador carballiñés Coca Rent.

AVANTAR ACTIVIDADES