Éxito de participación na cuarta Mini BTT do Carballiño

Este domingo celebrouse a cuarta Mini BTT, organizada polo Club Ciclista Carballiño. A proba estaba destinada a nenos entre os 4 e os 16 anos e transcorreu pola nosa contorna, con saída dende o parque municipal.

Máis de 300 nenos inscribíronse para esta proba, dando un gran pulo a este deporte na vila. Estivemos alí, falando ca cara visible da organización, Roberto Rodríguez, do Club Ciclista Carballiño, que se amosou satisfeito por como se levou a cabo a xornada.

AVANTAR ACTIVIDADES

A entrega de premios, tamén no parque municipal do Carballiño, contou ca presenza do alcalde, Francisco Fumega, e do concelleiro, Manuel Sotelo.