A comunidade galega rexistra hoxe 446 contaxios, un ritmo de novos positivos que descende con respecto á pasada semana baixando do medio millar diario. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 10.411, unha cifra que descende en máis de dous milleiros nesta fin de semana. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta estabilidade. Do total de pacientes positivos en Galicia, 63 (+1) están en UCI e 268 (=) en unidades de hospitalización.
A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra hoxe 43 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan ata os 714 casos activos, unha trintena menos nesta xornada. Os hospitais hoxe presentan 31 (=) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 8 (+2) na UCI.