Castrelo de Miño, Cenlle e Arnoia acollerán “Espíritu Ribeiro”, con viño, música, gastronomía e mercado

Esta mañá, a bodega Ramón do Casar, en Castrelo de Miño, acolleu a presentación do evento cultural e gastronómico, baixo o nome “Espiritu Ribeiro: Un Festival de sabores: onde a cultura do viño e a paisaxe marida coa gastronomía, a música e o mercado de produto de proximidade”. Cenlle, Arnoia e Castrelo de Miño serán os seus lugares de celebración, durante tres días. Juan Rivas detallou a programación deste evento.

O presidente do Consello Regulador, Juan Casares, resaltou o potencial de cada un destes concellos e de todo o que os une, entre eles o viño, ensalzando este proxecto.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, salientou o bo produto que conforma este evento, aglutinando o mellor desta terra e sendo un referente en Galicia.

Manuel Baltar, presidente da Deputación, deu a noraboa ós alcaldes e á Denominación por este evento, que reúne o mellor da provincia, viño e termalismo e patrimonio.